Saturday 11 de May de 2024

Photocall ante o concello de Manuel María


Numerosos veciños achegáronse ata os soportais da Casa Consistorial para retratarse no photocall que se instalou para homenaxear a Manuel María: o poeta a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Cada persoa que se animou a participar na iniciativa, que estivo promovida pola Deputación da Coruña, tivo a oportunidade de escoller inmortalizarse entre unha escolma de versos do bardo da Terra Cha.
A acción estivo aberta entre as once da mañá e as dúas da tarde.